25 de abril de 2017

Darío Xohán Cabana

Hoxe acompañounos Darío Xohán Cabana .





  Foi moi xeneroso, pasou tada a mañá con nós  e  contestou todas as preguntas que lle fixemos.



 Aprendemos sobre  a  súa tradución ao galego de

Divina Comedia  a mellor tradución que existe  
sobre esta obra .

 Falounos tamén de Dumas e da obra 
Os tres Mosqueteros  que tamén traduciu 
el ao galego. Relatounos  con paixón a morte de Portos, 
e de paso soubemos que os escritores se emocionan 
coas súas obras e poden chegar a chorar cando un 
dos seus personaxes morre aínda que  sexan personaxes de ficción.


Das suas obras: Galván en Saor, Morte de rei,
O cervo na torre, Vidas senlleiras. comentou
 aspectos interesantes que descoñeciamos.


Confesounos que lle encantaría que de algunha das súas novelas se fixese unha película.


Xa sabiamos da amizade e da importancia na súa vida 
de dous grandes mestres, Manuel María e 
Xosé María Alvarez Blazquez dos que destacou por enriba de todo as súas cualidades humanas.

E fíxonos pensar sobre a importancia de falar a nosa lingua e de tratar de conservala , aprendemos que 
 O FUTURO DA LINGUA DEPENDE DE NÓS !


Grazas ao profesor Iago Rodríguez Yañez por  acercarnos este escritor  tan interesante.



Ningún comentario: