8 de novembro de 2014

MATECAXADO

Xa vos decía eu que Rosendo e o seu equipo algo estaban argallando, e non me equivocaba nada. Mirade, temos un novo blog no colexio. Trátase dun blog onde van a aparecer cousas relacionadas coas matemáticas... é que hai tantas cousas! Non perdades o tempo e botade unha ollada. Deseguro atoparedes cousas interesantes.

3 de novembro de 2014

COMEZAN OS RETOS!!!

Rosendo, a nosa mascota, propón aos nenos e nenas do noso "cole" un reto. Lembrade que este ano é o ano matemático nas bilbiotecas escolares, e Rosendo intenta amosarnos que as "mates" non só son números. Ti que pensas?