25 de febreiro de 2014

RECITANDO POEMAS DE ROSALÍA

Con motivo do Día de Rosalía onte recitaron na biblioteca do colexio moitos dos nosos alumnos. Todos eles de distintos cursos de infantil, primaria e secundaria. Aquí os podedes ver en pleno recitado, fáltannos as fotos dos nenos de infantil de cinco anos que o fixeron moi ben.

23 de febreiro de 2014

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro. No noso centro imos recitar poemas de Rosalía neste día tan sinalado.



Podedes escoitar un dos poemas de Rosalía "Adiós ríos, adiós fontes" cantado por Amancio Prada.

PREMIADOS

Estos son os premiados no Concurso de Cartas de Amor organizado polo Equipo de Normalización Lingüística do cole. Noraboa a todos!!!


17 de febreiro de 2014

O CONTO VIAXEIRO

Mirade e escoitade estes contos tan fermosos feitos entre todos os colexios do noso pobo: Santa María, Magdalena, A Fraga e por suposto o noso, Monte Caxado. Grazas ao Equipo de Normalización Lingüística do noso concello por esta iniciativa e noraboa a todos os participantes por este traballo tan ben feito.

Este é o video do conto Aventura na terra das Pontes I


 

Este é o video do conto Aventura na terra das Pontes II



Na barra lateral temos o resutado final dos dous contos. Non deixedes de velos!!!

2 de febreiro de 2014

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Un ano máis o Equipo de Normalización Lingüística do Centro proponnos este concurso para que calquera namorado ou namorada declare o seu amor nunha carta ou poema. Preme na imaxe para coñecer as bases do concurso e ... Anímate a participar!