22 de setembro de 2014

A VISITA DE HELENA VILLAR JANEIRO

Xa temos as fotos da charla que nos ofreceu Helena Villar Janeiro na biblioteca do noso centro. De novo darlle as grazas por virnos visitar!

19 de setembro de 2014

HELENA VILLAR JANEIRO

O curso pasado a derradeira nova do noso blog facía referencia a esta escritora galega nada en Becerreá (Lugo).E agora, ao comezar este curso, de novo temos que falar dela e con moita satisfación posto que hoxe tivemos o inmenso pracer de contar coa súa presenza na biblioteca do noso colexio. Non podíamos comezar mellor!
Veunos presentar o seu novo libro AS SEÑORAS COUSAS, leunos algúns dos seus poemas e contounos historias que nos encantaron.
Agradecémoslles moito a Helena e a Xesús Rábade Paredes, o seu home e tamén gran escritor, a súa visita!




Lembrade que na nosa biblioteca temos moitos dos libros desta entrañable escritora galega: "Raúl", "Un rato na casa", "As señoras cousas",Viaxe a Illa Redonda, Don Merlo con chaqueta, A voda do papá, A cidade de Aldara, o enterro da galiña de Domitila Rois,...

12 de setembro de 2014

CONCERTO DA BANDA

Este venres 12 de setembro puidemos disfrutar dun mini concerto dalgúns dos compoñentes da Banda Municipal das Pontes. Fixeron unha pequena actuación para os nenos/as dende infantil de 5 anos ata 3º de primaria. Grazas a todos eles por amosarnos o seu talento!

10 de setembro de 2014

CURSO 2014/2015

Comezamos un novo curso e dende a biblioteca do noso centro so decirvos...