20 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS NO LICEO

O día 17 de maio un grupo de alumnos de 5º de Educación Primaria asistiron ao Liceo Recreativo Artístico para facer unha lectura dun traballo referido a D. Enrique Rivera Rouco. Por suposto fixéronno moi ben. Noraboa!!!

19 de maio de 2014

RAZÓNS PARA LER


E aquí temos algunhas das razóns que pensaron os nosos nenos/as, a ver que vos parecen!

DIA DA CIENCIA

Os días 7 e 8 de maio celebramos na biblioteca do cole o Día da Ciencia. Contamos coa asistencia de alumnado dos outros coles da localidade. Foi unha actividade moi divertida e participativa con xogos e experimentos sorprendentes. Queremos darlle as grazas ao Concello por subvencionar esta actividade e esperamos seguir contando coa súa colaboración. Aquí tedes as fotos deste día tan especial!

15 de maio de 2014

DÍAZ CASTRO

Un novo enlace para que sigamos aprendendo sobre o autor deste ano do Día das Letras Galegas 2014. Clicade na imaxe:

13 de maio de 2014

A beleza feriume para sempre

videocpidosdices

Documental Díaz Castro

No ano 1987 a produtora de vídeo Ophiusa acompaña a Díaz Castro polos lugares emblemáticos do seu proceso vital e creativo. Nimbos de poesía é o resultado desta viaxe ao mundo do autor. Os Vilares, Mondoñedo, Betanzos, Guitiriz, ... desvélanse ante os nosos ollos a través da mirada e da propia voz de Xose María

A LUS DO MUNDO

Documental sobre Díaz Castro feito polos rapaces do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz

Pasapalabra Letras galegas

Se queres poñerte a proba entra neste enlace e xoga ao pasapalabra das Letras Galegas 2014 do CEIP A Ponte

Penélope

Curta do IES as Barxas  que recrea o poema de Díaz Castro Penélope


3 de maio de 2014

Penélope

Emocionante vídeo que nos chega  grazas a Armando Requeixo . O poema Penélope de Díaz Castro , recitado polo propio autor , musicado por Xoán  Fuertes Saavedra e interpretado por Fuxan os ventos.