31 de xaneiro de 2013

CASTELAO SEMPRE




Hoxe cúmprense 127 anos do nacemento de  Castelao .    Como pequena homenaxe recordamos as súas sentidas palabras  sobre o que significan realmente  as árbores para Galicia.


O albre é  o símbolo do señorío espiritual de Galiza.

O albre é un engado dos ollos pola súa fermosura; é  unha 

 ledicia dos ouvidos, porque nel cantaban os paxaros; 

un arrolador do espíritu, porque nas súas ponlas conta contos 



ó vento.

O albre dános  a froita , que é manxar composto polo mesmo

Creador, para regalía do noso paladar: o derradeiro ben que

 nos quedou do Paradiso perdido.

O albre pídelle auga ao ceo para que a terra  teña sangue, 

vida e bonitura.

O albre  dános  a sombra fresca no vran e a quentura 

garimosa no inverno.

O albre dános  as trabes, o sobrado e as portas da casa.

Dános a cama, o almario das sabáns e a artesa do pan.

 Dános o berce o báculo da vellez e a caixa para baixar á 

terra. 

O albre dános o papel barato que nos  trai  a decotío as

 novas do que pasa no mundo.

Val máis unha Terra  con albres  nos montes  que un Estado 

con ouro nos Bancos.

A calvicie dos montes  galegos  é unha terrible acusación  

contra o Estado unitario.

Os albres son minas galegas que nós  saberemos  esplotar 

cando a nosa Terra  sexa nosa.

A repoboación forestal será o patrimonio da nación galega e o 

mellor  aforro da colectividade.

Na nosa Terra danse os mellores albres.

O día que seipamos o val un albre, aquel día non teremos 

necesidade de emigrar.

                                                      SEMPRE EN GALIZA