31 de outubro de 2013

APRENDER CIENCIA É DIVERTIDO

Pinchando sobre a imaxe atoparemos moito material sobre a CIENCIA.
 

29 de outubro de 2013

OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA


No mes de outubro celebramos o día da Biblioteca e o mes das Bibliotecas escolares.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,  publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras.



O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.  A ilustración é de PATRICIA CASTELAO

28 de outubro de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

Neste mes comezou a cobrar vida a Biblioteca.
Un ano máis, as mochilas viaxeiras comezan a súa andadura, como unha invitación para disfrutar dos libros en compañía, compartindo  coa familia os sentimentos e as sensacións que producen as lecturas propostas, co fin de fomentar o hábito lector  no alumnado do centro. 
As familias poden realizar suxerencias ou contar a experiencia de lectura compartida na "libreta da mochila". 




 ROSENDO, a nosa mascota, tamén está presente e ten preparada unha carta para todos os nenos e nenas. Unha sorpresa! Que nos contará Rosendo?

25 de outubro de 2013

ENTRA NA BIBLIOTECA!


Vídeo de animación á lectura realizado desde a biblioteca do IES Chano Piñeiro de Forcarei.




20 de outubro de 2013

FAMILIAS LECTORAS

O hábito lector e a comprensión lectora desenvólvense no seo familiar dende a primeira infancia e, con posterioridade, conxuntamente dende a escola e a familia. O papel das familias no proceso lector é fundamental.

A lectura e a comprensión lectora aseguran non só o éxito escolar senón o desenvolvemento da imaxinación e o dereito a gozar da linguaxe poética.

O exemplo dos pais e nais en relación co hábito lector é fundamental: debe transmitirse como se transmiten outras afeccións. As familias, aínda que sexa intuitivamente, transmiten o uso e desfrute da linguaxe.

A colaboración entre familias, escolas e bibliotecas debe ser o piar para desenvolver o hábito lector dos nosos nenos e nenas. 





18 de outubro de 2013

CONTO: "A ESCALEIRA"

En Educación Infantil andamos con este conto:

 



 Texto de Beatriz Montero
Ilustracións de Raúl Nieto Guridi
Tradución do castelán de Marisa Núñez

  OQO editora














O carteiro subiu, subiu, subiu pola escaleira..
Chamou á porta:
Din-don! Din-don!
Non había ninguén.

Deixou a carta no chan…
… e baixou, baixou, baixou pola escaleira.



Esta acción repítena, co mesmo resultado infrutuoso, o zapateiro, o xardineiro e o panadeiro. Deste xeito, enriba da carta depositada ante a porta do cuarto piso acaban acumulándose un par de zapatos, un ramo de flores e unha barra de pan ata que entra en escena unha nena resolta.