29 de maio de 2011

A Competencia en comunicación lingüística. Ideas para traballar na aula.

La Competencia en comunicación lingüística. Ideas para trabajar en el aula on PhotoPeach

11 de maio de 2011

Lois Pereiro

Que mellor homenaxe para un escritor que lelo . Iso é o que estamos a facer estes días:ler, recitar ,pintar,sentir os seus versos . Na biblioteca temos todos os seus libros e tamén obras que falan del.
Os escritores, é certo, non morren nunca . Seguen con nós a través da súa obra. Nós estamolo a disfrutar e a coñecer a través de todo o que deixou escrito e escoitando aos que o coñeceron . Hai moitas páxinas na rede sobre Lois pero gústanos especialmente a WEB que creou o seu irmán.
Pasará O Día das Letras Galegas pero non pasará o noso interés pola obra de Lois Pereiro, seguirémolo lendo,seguirémolo lembrando , seguirá axudándonos a entendernos e a poñer voz aos nosos sentimentos .

Nós tamén o sabemos LOIS VIVE

1 de maio de 2011

Día do Libro

Para celebrar o Día do Libro reunímonos na Biblioteca toda a semana para contar contos.
Os nenos e nenas de tres anos representaron un conto para os de 4º da E.S.O. e os nenos e nenas maiores contaron un conto para os de tres anos, e así todos os cursos de Infantil, Primaria e Secundaria foron intercambiando contos.
Foi unha experiencia moi bonita,todos disfrutaron moito.