26 de maio de 2009

Exposición na Biblioteca

Con motivo da conmemoración do XXV aniversario do Centro, preparouse unha exposición na Biblioteca. Hai van unhas imaxes:

6 de maio de 2009

LETRAS GALEGAS 2009

Este ano a Real Academia Galega decidiu adicarlle o Día das Letras Galegas a
Ramón Piñeiro López, intelectual e político galeguista.




Ramón Piñeiro López
2009
Categoría:
Galeguista, filósofo e activista político-cultural
Data de nacemento: 31 de Xullo de 1915 (Agosto de 1990)
Lugar de nacemento: Armeá - Láncara (Lugo)
OBRAS REALIZADAS:
Nos anos 50 publica varios ensaios, como "Significado metafísico da Saudade" (1951), "A saudade en Rosalía" (1952), "Para unha filosofía de saudade" (1953).
Invitado por diversas universidades participa en congresos, coloquios e conferencias.
En 1984, estas obras foron integradas con "A Filosofía e o Home" e "Saudade e Sociedade" nun só volume baixo o título "A Filosofía da Saudade".
En 1951 traduce ó galego con Celestino Fernández de la Vega, o "Cancioneiro da Poesía Céltica" de Julius Pokorny.
En 1956 publican en Galaxia a conferencia "Von Wessen der Wahrkeit" de Martin Heidegger baixo o título galego "Da esencia da verdade".
CURRÍCULUM:
Estuda o bacharelato en Lugo e despois regresa a Armeá, onde permanece ata 1930.
A lectura de El Pueblo Gallego esperta nel un grande interese polo movemento político e cultural de Galicia.
En 1932 regresa a Lugo e se relaciona con xoves galeguistas lucenses.
En 1933 asiste ás Asembleas do Partido Galleguista, celebradas en Santiago e coñece a Castelao, Alexandre Bóveda e outros.
En 1936 é elixido secretario do Comité Provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía.
Co comezo da guerra civil presentáronse varias denuncias contra el, pero o azar e a axuda dalgunhas persoas fixeron que non fose detido.
Logo incorporouse a filas.
Acabada a Guerra, comeza os seus estudos universitarios en Santiago.
En 1943 participa clandestinamente na reorganización do galeguismo e viaxa a París, onde permanece exiliado o goberno republicano.
Ó volver de París é detido en Madrid e condenado a 6 anos de cárcere.
En 1950 fundou en Santiago a editorial Galaxia da que Ramón Piñeiro sería o director.
En 1967 ingresa na Real Academia Gallega co importante discurso "A lingoaxe i as lingoas".
En 1983 convértese no primeiro Presidente da Cultura Galega.

Un material moi útil para traballar este autor en E. Infantil, Primaria e Secundaria é este:
MATERIAL DO SEMINARIO GALÁN http://www.seminariogalan.org/

1 de maio de 2009

O selo violeta


Dende A Biblioteca do Colmeiro do IES Pintor Colmeiro de Silleda recibimos "o selo violeta" que representa, segundo os seus creadores, “as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".

Moitísimas gracias por este agasallo. Anímanos moito.

A aceptación deste selo obríganos a aceptar as seguintes regras:

-Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.

-Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.

-Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso!

-Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

A pesar de que resulta moi dificil elexir, nosoutros concémoslles o selo violeta aos seguintes blogs:

biblioandrade do CEIP de Andrade Pontedeume
bibliolaxe doIES Auga da Laxe de Gondomar
leliateca do IES Leliadoura de Ribeira
bibliotecadocole do CEIP Quintela. Moaña
biblioweb do IES As Marinas. Betanzos
atartarugalectora de Fontes Baíña Pontevedra
arslegendi do CPI San vicente. A Baña
pedradaaguia do IES Pedra da Aguia. Ponte do Porto. Camariñas
unhalagoadelibros do IES As Lagoas. Ourense
biblioblogreboreda do CPI Sto Paio de Abaixo. Redondela

Os poderes máxicos que queremos seguir mantendo son: crear ambientes lectores no noso centro e poder compartir experiencias lectoras cós nosos rapaces e rapazas.