30 de novembro de 2008

COMO DISFRUTAMOS!!!!!!!










O curso de 2º de primaria estamos adicando unha hora dos mércores a ir á nosa querida biblioteca. Este día chegamos e atopamos a Pilar e Beatriz moi entretidas traballando cos libros para que a nós nos resulte máis doado atopar o que ás veces buscamos.
Queremos que vexades como disfrutamos nós na biblioteca. Os libros sérvennos para pasar unha hora divertida ó tempo que aprendemos un montón de cousas novas. Ás veces levamos algún libro para ler na casa, outras facemos de contacontos para os nosos compis, outras escoitamos ler a un compañeiro ou á profe. Cada día facemos que sexa diferente porque o ambiente da biblioteca préstase para elo.
Mirade unhas fotos dun mércores deste mes.

29 de novembro de 2008

"LEÓN DE BIBLIOTECA"


Igual que o curso pasado, @s nen@s de 2º de primaria escoitamos ler a nosa profe un libro la mar de interesante. E sabedes por que?.Todo el é interesante: os seus preciosos debuxos, a súa mensaxe, o texto que nel está escrito. De verdade que o tedes que ler. E non pensedes que é só para pequenos, a profe pode decirvos que ela tamén aprendeu e disfrutou léndonos esta historia.
As nosas opinións:
Mateo: Gustoume porque adoptaron un león.
Sara: Gustoume porque o león atendía ás lecturas.
Jose: Gústame porque o león axudou a coller os libros aos nenos
Uxía: Gustoume porque o león cando incumpliu as normas foise.
Lucía: Gustoume moito porque foi moi interesante.
Roi: Gustoume moito porque trataba dun león que entrou nunha biblioteca.
Raquel: Porque o león axudaba cando chegaba pronto.
Antón Paz: Gustoume moito porque cando chegaba moi pronto axudaba á señora Plácida e cando chegaba á hora do conto escoitaba o conto.
Laura: Gustoume o conto porque é moi gracioso e ensinoume moitas cousas. Impresionoume como o león sabía as normas da biblioteca e tamén a caída da señora Plácida.
Alex: O conto gustoume cando o león marchou e fixo ben en ruxir en caso de emerxencia.
Alexia: Gustoume moitísimo o conto do león e impresionoume moito.
Gabriel: O libro gustoume moito porque o león rompeu as reglas.
Erea: O libro gustoume moito.
Antón Cillero: Foi un conto moi ben contado e estivo ben.
Nuria: Gustoume moito o conto do león, sobre todo cando incumpliu as normas e marchou.
David: O libro gustoume cando o león entraba na biblioteca.

Como colofón unha opimión da autora: Michelle Knudsen

"Cualquiera que ame las biblioteas sabe que son lugares mágicos y especiales, donde todos son bienvenidos y cualquier cosa es posible. He encontrado muchos amigos maravillosos en las bibliotecas, tanto en las páginas de los libros como entre la gente que trabaja con ellos".

25 de novembro de 2008

25 NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As Bibliotecas Escolares Galegas unense para denunciar o maltrato ás mulleres
Biblioteca Milladoiro Malpica

In Memoriam
El morreu hai trinta anos.
A ela enterrárona estes días: morreu de vella.
El era un home sociable e ben relacionado.
Ela non poñía o pé fóra de cen metros arredor da casa.
El baixaba á vila tódolos días.Ela non ía nin ós enterros.
El era violento e agresivo e mallaba nela día si e día tamén.
Ela era traballadora, simpática e dulce.
El levantaba a man e o que lle cadrara.Ela sempre levaba caramelos no peto cos que convidaba ós nenos que lle pasaban pola porta.
El viviu protexido por un muro de silencio.
Ela viviu presa tras do mesmo muro.A morte del só a liberou das tundas.
O muro caeu o día do enterro .Dela.

O Segrel do Penedo



Visitade tamén :
Trafegando ronseis
Mesturas
Biblio Arzúa
Iniciarte
Biblio milladoiro
blogFesquío
Raioteca
Biblospazos
Bibliobóveda
Recollidas as páxinas no blog O segrel do penedo





17 de novembro de 2008

OBAMA ,LECTURA E BIBLIOTECAS.

Chegounos ao correo vía Cristina Novoa información sobre un discurso pronunciado por Obama cando era senador no que fai unha defensa da lectura, das bibliotecas e da escola pública . Podédelo ler todo aquí

"Porque creo que si deseamos proporcionar a nuestros hijos las mejores posibilidades en la vida, si queremos abrirles las puertas a diversas oportunidades mientras son jóvenes y enseñarles las competencias que necesitarán para tener éxito más adelante, entonces una de nuestras más altas responsabilidades como ciudadanos, como educadores y como padres será asegurarnos de que cada niño norteamericano pueda leer, y pueda leer bien. La alfabetización es la divisa más fundamental en la economía del conocimiento en la que hoy vivimos"

10 de novembro de 2008

6 de novembro de 2008

CARTEL FERIA DEL LIBRO

Acabo de recibir un correo de Neves e envioume unha imaxe moi suxerente .Trátase dun cartel empregado nunha feira do libro.Se queredes velo pinchade aquí