30 de abril de 2008

LETRAS de MAIO

Despois deste descansiño e durante o mes de maio, teremos sorte: os alumnos/as de 2º E.S.O. van estar na compaña do escritor Francisco Xosé Fernández Naval, compartindo un obradoiro de creación escrita.
Agardamos o comezo e contaremos as nosas experiencias.

29 de abril de 2008

A modo de CLUB

Os alumnos/as do agrupamento de Lingua G-2ºESO/B lenvos fragmentos de "A pantasma de Canterville", de Óscar Wilde:



Os nosos CONTACONTOS

Os rapaces e rapazas do Obradoiro de Lingua/ESO-2ºB interpretaron o conto "ORELLAS DE BOLBORETA" para os nenos/as de E.Infantil-4 anos:

Polas NOSAS LETRAS

Vide na busca de ideas para o voso Certame Literario/ Maio-08.
Atoparás materiais -libros, contos- sobre a temática: OS AVÓS.-


" GRANS DE AREA "

Neste máxico mes creamos marcadores persoais para as nosas páxinas.
Agora plastificámolos!




Convertímonos nun libro
Estas imaxes, para a compañeira que non estivo, a "alma máter" da biblio.-

23 de abril de 2008

H O X E

Feira do Libro en Ferrol, coa súa edición nº XIX.
Baixa e aproveita un programa interesante, que abrirá Manolo Rivas:
Teatro - Contacontos - Xogos populares - Concertos - Obradoiro - Maxia.
Luís García Montero: Premio Nacional de Poesía, da Crítica, con "Vista cansada".
Paula Carballeira (Fene), con "Boas Noites".
Teresa Moure: "A casa dos lucarios".
Rosa Aneiros: "Os ourizos cachos e o gran río gris".

Outra NOVA:
Ponse en marcha a campaña "Máis libros" (Consellería de Cultura) co primeiro Plan de Lectura de Galicia: achegar os libros a todos/as e por todo.

22 de abril de 2008

Un CERVANTES

" ...A este oficio me obligan los dolores ajenos,
las lágrimas, los pañuelos saludadores,
las promesas en medio del otoño o del fuego,
los besos del encuentro, los besos del adiós,
todo me obliga a trabajar con las palabras,
con la sangre..."
Juan GELMAN, poeta arxentino premiado polas Letras Españolas. A súa obra está marcada polas consecuencias da dictadura militar arxentina na súa propia familia.
Podes ler desde aquí moitos dos seus poemas.
Nós escollemos algún:
Sentado al borde de una silla desfondada,
mareado, enfermo, casi vivo,
escribo versos previamente llorados
por la ciudad donde nací.
Hay que atraparlos, también aquí
nacieron hijos dulces míos
que entre tanto castigo te endulzan bellamente.
Hay que aprender a resistir.
Ni a irse ni a quedarse,
a resistir,
aunque es seguro
que habrá más penas y olvido.
Carta
te escribo en una hojita de papel
caída del cuaderno del hijo
con una vaca un burro
sumas restas
esta carta que te enviaré jamás
tiene delicias y tristezas
y cuando la leías
te ponías muy dulce
porque yo no escribía nada
pero cantaban los pájaros
azules de la izquierda
volaban a tu sombra y callaban
con los ojos abiertos
como memorias en la noche

basta...
basta no quiero más de muerte
no quiero más de dolor o sombras basta
mi corazón es espléndido como una palabra

mi corazón se ha vuelto bello como el sol
que sale vuela canta mi corazón
es de temprano un pajarito
y después es tu nombre

tu nombre sube todas las mañanas
calienta el mundo y se pone
solo en mi corazón
sol en mi corazón

C U A D E R N O S

CLIJ.- CUADERNOS DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL.
Esta prestixiosa revista, que conta xa con vinte anos, inclúe neste abril entrevistas aos mellores escritores, listas de premios, títulos de honra. Sorte que moitos xa andan polas vosas mans!
Pódeche axudar a seleccionar e decidir as túas lecturas e atópase na mesa das revistas, xunto a:
- Leo- leo,
- Reportero DOC,
- Muy Interesante- Junior,
- National Geographic -España ( PARABÉNS, nesta xornada polo noso Planeta, ao seu traballo)

21 de abril de 2008

Un país de LIBROS

A través da prensa dixital, podes visitar este enderezo específico adicado aos libros nesta especial semana.
Vas atopar escritores de primeira liña, coas súas propias recomendacións, os que máis venden, valoracións, premios Cervantes, as últimas novidades - El juego del ángel, C.Ruiz Zafón-... Seguro que coñeces algún; podes tamén informar aos teus: irmáns, nai, pai, avós, amigos/as, profes.

20 de abril de 2008

Premio ESQUÍO de POESÍA

18-Abril: FERROL recupera este premio.
O compostelán XAVIER LAMA foi o gañador desta XXVII edición,
con poesía na nosa lingua:
Melancolía líquida da idade das vacas.

18 de abril de 2008

Outra REVISTA para todos/as

Navegando navegando, con calma, por blogues de Bibliotecas, din cunha nova revista que...está moi ben!
Boas imaxes, e que título: "El Templo de las Mil Puertas"!!

Unha ollada a
http://www.eltemplodelasmilpuertas.com/

17 de abril de 2008

CARLO FRABETTI

Este gran escritor italiano achega a Galicia, neste mes, un auténtico agasallo para as Bibliotecas, en prol dos libros, da lectura:

O LIBERESPAZO
Os que teñen o privilexio de se converter en lectores son os afortunados beneficiarios de dúas experiencias iniciáticas sucesivas. En primeiro lugar, descobren os libros na súa individualidade. Descobren que eses pequenos ortoedros de papel aliñados nos estantes, tan anódinos e semellantes entre si, cheos á súa vez de diminutos garabatos que se repiten monotonamente como inmóbiles procesións de formigas, son en realidade irrepetibles caixas de sorpresas, cofres do tesouro que ao abrilos derraman no noso interior resplandecentes xemas que só eles conteñen, países das marabillas con climas e xeografías propios.
E iso é só o principio. Hai un segundo descubrimento que consuma e consolida o anterior, o de que un libro non é un cofre solitario, un compartimento estanco, un hortus conclusus. Os países das marabillas non son illas. Despois de descubrir que os libros non son todos iguais, redescubrimos que, nalgunha medida e como suxire a súa aparencia física, si o son (tese, antítese, síntese), posto que pertencen a unha mesma especie. Descubrimos que os libros se relacionan uns con outros de mil maneiras, levan uns a outros por mil camiños, comunícanse -por amplos corredores ou portas secretas- como as salas dun pazo inmenso, forman parte dun organismo vivo e en continuo desenvolvemento, son follas dunha mesma árbore. Descubrimos a literatura, nunha palabra. Non como materia escolar, non como catálogo de títulos e autores, senón como mundo animado, como universo. Descubrimos a galaxia Gutenberg, o liberespazo, moi anterior ao ciberespazo e mellor cartografado, aínda que non por iso menos rico en sorpresas e aventuras. E ao converternos en libernautas accedemos, entre a infancia e a adolescencia, ao noso primeiro territorio libre. Que á súa vez nos leva -ou cando menos nos invita a visitalos- aos demais ámbitos da liberdade. Porque só a cultura nos fai libres, como dicía Martí. E só a lectura nos fai cultos.
Carlo Frabetti

De B.E.G./ Día Internacional Libro.-

Recordas as súas obras?

15 de abril de 2008

ROBERTO INNOCENTI

O ilustrador italiano (Florencia, 1940) que vén de recibir o premio H.C. Andersen de Ilustración-2008 da man do IBBY-Organización Internacional para o Libro Xuvenil-.

Podemos contemplar o seu traballo en libros como:
- A historia de Erika (xa comentado o mes anterior), e
- As aventuras de Pinocho.

O exquisito detallismo das imaxes -con minuciosa precisión-, as ilustracións hiperrealistas, fan deste libro unha obra de arte pola riqueza de perspectivas das imaxes: láminas ou cadros das que extraen fragmentos que se van reproducindo ao paso de cada páxina.

PARABÉNS a R. Innocenti.
PARABÉNS a Kalandraka Editora, e
PARABÉNS por contar con estas obras na Biblioteca.

13 de abril de 2008

IBRAHIM

O CARTEIRO DE BAGDAD
Marcos S. Calveiro.
[Premio Ala Delta]

“Nada muda en Bagdad. Os meses rematan coa fin da lúa nova. Unhas noites despois, o tremelucente hidal, o delgado fío branco da lúa, anuncia no ceo escuro o seu abalo.”

Existe un antes e un despois da guerra.
Hai un neno que alimenta a súa curiosidade cos relatos do pai, que non acode á escola porque non hai e que leva meses xogando só, lonxe do seu amigo da infancia, por diferenzas que non percibe e por misterios que non logra comprender.
Ten un pai carteiro que arrisca a vida para repartir o correo na súa motocicleta, consciente de que, se cadra, nas mensaxes que entrega reside un retallo de esperanza para que os seus destinatarios se aferren á vida; un carteiro que chora ao malvender os seus prezados libros.
Mais tamén hai lugar para a esperanza e a ilusión que chegan de xeitos por veces inesperados.
E hai unha viaxe perigosa que o neno emprende co fin de cumprir a vontade do pai e entregar unha misteriosa carta, unha viaxe desas que fan medrar e que se revela novamente cargada de esperanza a través do valor e da suxestión que agochan as palabras.

10 de abril de 2008

9 de abril de 2008

MAMÁ, PAPÁ, lede comigo!

Dous contiños ben bonitos:

Raquel está na cama e non ten sono.
E ve un monstro que...
E ve un fantasma que...
E escoita o ruído dun...
E ve os ollos duns...
Tina érguese, colle a Boliña, o...

EU SON EU.-
A bisavoa vestiu os pantalóns pola cabeza...
A bisavoa fixo sopa con xabón e...
-¡Xa me perdín! ¿Onde estou?
-¡Ah, es ti!
Porque a bisavoa sabe que...

8 de abril de 2008

BANDA DESEÑADA

Moitos de vós pedides e escolledes cómics para a aula e para ler na casa, e sabemos da vosa aceptación do deseño galego.

Temos que falar entón de PEPE CARREIRO, o pai dos "Bolechas", si. Deseñador e ilustrador, escritor e guionista que, dentro da súa rica e recoñecida traxectoria, ten:

AMINA

Esta nena nixeriana deixa África e instálase coa súa nai en Galicia. A amizade de Amina con Ío amosa que as posibilidades da comunicación están por enriba da palabra.
Un día chega á súa nova escola e ...

Relato da inmigración e o rexeitamento, das dificultades que sofren moitos inmigrantes. Gustarache!

7 de abril de 2008

UN POETA NOSO DE HOXE


Antonio GARCÍA TEIJEIRO

Este escritor e profesor de Vigo conta cunha obra de moitísimo valor.
Aconsellámosche que recordes estes títulos e busques algún:

- Na fogueira dos versos, Premio Merlín. Lista de Honra-IBBY.
- Versos de agua ( en galego: Cacarabín, Cacarabón), entre os cen mellores libros do século XX-Fundación G. Sánchez Ruipérez.
- Trala liña do horizonte (libro Fórum Barcelona-04)
- Arredor do teu corpo, poemario premiado no 2006.

6 de abril de 2008

SABÍAS QUE...

A partir do ano 2009 Galicia contará, na Biblioteca Nacional da Cidade da Cultura en Santiago, cun centro de Literatura Infantil e Xuvenil para a Diversidade Cultural, promovido polo IBBY (International Board on Books for Young people)
Tratarase da primeira biblioteca internacional especializada na colección, estudo e divulgación de libros para nenos,-as e mozos,-as escritos en linguas minoritarias, e será a segunda sede que este organismo apoie -logo do creado en Oslo no 85-.
Para nós é o mellor sinal da importancia da producción literaria infantil/xuvenil en galego.
PARABENS!!

AN ALFAYA: Sombras de muller.

M. Ángeles Alfaya é de Vigo; naceu en 1964. Estudou na Escola de Formación do Profesorado de Vigo (tamén Criminoloxía en Madrid,...)
Moi vinculada ao teatro, conta con premios polas súas obras para público infantil. Moi premiada tamén é toda a novela xuvenil que escribe.

Xa tomaramos nota no seu momento; recordas A sombra descalza ?
Moitos de vós, sobre todo de 3º e 4º, coñecédela:
É unha emocionante historia que xira arredor do desvelamento -por Elsa- dos segredos que pesan sobre unha saga familiar e que teñen a súa orixe nos anos da Guerra Civil española.
- Premio Lazarillo 2005.
- Premio X. Neira Vilas 2006.
- The Withe Ravens, 2007 (Fiera del Libro per Ragazzi de Bologna)
- Na Lista de Honra, IBBY 2008.
Atópase na súa cuarta edición, e tamén anda polas vosas cestas.

Un "cumpre"

Recordades este título, que xa traballou Pilar o curso pasado e que tamén comentou aquí:

Hoxe é o seu aniversario!
Publicouse un 6 de Abril, si, o do ano 1943. Entón: cumpre 65 anos!! Dende aquela, convertiuse nun dos libros máis lidos e máis traducidos -podémolo atopar en 180 linguas distintas-. Noraboa a ANTOINE DE SAINT-EXUPÉRY!!!



5 de abril de 2008

KORI e CARAMELO

" Houbo unha vez un neno xordomudo que amaba a un camelo."
Kori, de oito anos, é capaz de saber o que lle di o seu mellor amigo Caramelo, polos movementos da boca.
No seu maxín escoítalle dicir cousas así:
Os homes serios do ceo
cos seus chisqueiros acenden,
cando a notiña se estende,
pequenos farois de xeo.

Hai nas nubes camelos brancos,
que pacen herba de algodón
e beben nos pozos do ceo...
Hai no sol camelos dourados,
que beben auga
e pacen herba de lume.

"Esta non é a terra coa que soñaba
no ventre da miña nai.
Esta non é a campiña, nin este é o río
Esta soidade está morta,
non é a soidade dos doces pasteiros.
O meu corazón dime que vaia cara ó sur,
pero o meu olfacto non ulisca a herba, nin a auga,
nin os doces montes rodeados de árbores.

Estamos perdidos, pequeno Kori,
pero o meu regato es ti,
e a túa herba son eu."
.....................................
Todo isto dentro da aventura PALABRAS DE CARAMELO, onde se atopa ó Gonzalo Moure sempre tan comprometido.

4 de abril de 2008

3 de abril de 2008

Un MISTERIO

O ... DOS FILLOS DE LÚA !!

David, de oito anos e a súa noiva Branca, de nove, tratan de descubrir a razón de que os fillos da súa gata Lúa desaparezan cada vez que ten unha camada.
A bisavoa dille que o seu pai enterrounos na veiga, pero existen outros sospeitosos... Terán que poñer trampas e estar atentos ás pegadas do "ladrón" de gatos.
Por onde entraron os gatos na barriga antes de nacer? E outros enigmas...

Proba e saborea, coa escritora FINA C, un anaquiño:


Por terceira vez a miña gata... ¡Vaia!, tamén é de Branca. Xuramos entre dúas pedras que era dos dous. Así Branca axúdame a descubri-lo misterio.
Por terceira vez, a nosa gata está preñada, que quere dicir que vai ter gatiños. Eu seino, non só porque o digan meus pais, seino porque ten a barriga moi gorda, moi gorda. Case lle chega ó chan, e salta moi pouco. Antes xogaba moito, e agora pasa a maior parte do día deitada igual cá avoa; pero a avoa non vai ter gatiños.
Estes días non quere que a acariñen nin nada. Se lle toco na barriga, foxe. Antes de te-los gatiños dentro, non era así. Podíalle facer cantas cóxegas quixese, ¡ata pola barriga! Ás veces quedaba a durmir así, e roncaba. Roncaba igual ca papá cando se deita no tresillo do salón despois de comer. Papá ponse coa panza para riba e Lúa escóndea debaixo. Ten medo a quedar durmida e que lle desaparezan os gatiños que ten dentro. ¡E non me estraña!
As outras dúas veces que pariu Lúa, pasou unha cousa moi rara. O primeiro día tiña alí os gatiños. Estaban na eira, enriba dunha cadeira vella que había arrimada a unha parede do cuberto. Eran tan pequeniños que parecían pelotas de tenis, pero non eran. As pelotas son máis redondas e menos peludas, e ademais non respiran.
Coñezo ben as pelotas de tenis porque ás veces vou xogar con papá e con Xocas, que é meu irmán. Xogar ó tenis, por exemplo, é bota-la pelota para o outro lado cunha cousa que lle chaman raqueta de tenis. No medio hai unha rede que non é de pescar. E dende o outro lado, outro xogador ten que face-lo mesmo. Poden xogar tres porque eu tamén xogo con eles moitas veces. A min tócame recolle-las pelotas que lles caen a Xocas e a papá, e darllas cando mas piden. É un traballo moi importante. Teño que estar atento e correr moito. Por iso papá di que eu fago o máis difícil. Ás veces déixanme tirar a min, pero a raqueta pesa moito e cánsome.
Xa sei por onde saen os gatiños porque mo explicou mamá. Díxome que saen por un buratiño que teñen por onda o rabo. O que aínda non descubrín, é por onde entran.
Mamá di que aparecen na barriga cando a gata se xunta cun gato que lle gusta. Se se arriman moito, se se fan noivos e se queren moitísimo, pode pasar iso. Díxome que tamén pasa coas persoas, pero é mentira. Eu quero moito a Branca, e ata lle dei un bico onde hai que dalos para ser noivos, na boca, e Branca non vai ter gatiños nin nada.
Creo que hai que face-lo amor, que é durmir xuntos coma nas películas. Coma mamá e papá non vale, eles son da familia; e ademais non poden estar namorados porque están casados. Non son noivos.

2 de abril de 2008

Libro infantil/xuvenil: RECORDOS DUN SÉCULO.

Ano 1898.- O primeiro: FÁBULAS GALAICO-CASTELLANAS.
1921.- TRES CONTOS MARABILLOSOS de Vicente Risco (inédito ata 2004)
1961.- MEMORIAS DUN NENO LABREGO de X. Neira Vilas (publícase en Bos Aires)
1966.- POLO MAR VAN AS SARDIÑAS de Xohana Torres. Ed. Galaxia.
1972.- O PRINCIPIÑO de Saint-Exupéry (traducido por Carlos Casares)
1985.- ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS de L.Carrol (Premio Nacional á versión galega)
1990.- Ilustracións de Xan López na Feira do Libro de Boloña.
1995.- CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE de Xabier P. Docampo (Premio Nacional LIX)
1996.- O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA de F. Casalderrey (Premio Nacional LIX)
1998.- Nace a Editorial K A L A N D R A K A .
1999.- O COELLIÑO BRANCO. Premio Nacional para o ilustrador Óscar Villán. Kalandraka Editora.
2000.- A MEMORIA DAS ÁRBORES, con texto de X.A. Neira Cruz, imaxes de Kiko da Silva e música de Marcial del Adalid (O.Sinfónica Galicia)
2005.- A SOMBRA DESCALZA de An Alfaya (Premio Lazarillo)
2007.- GRAN LIBRO DOS RETRATOS DE ANIMAIS. O Q O Editora. Favorito!
2008.- O SORRISO DE DANIELA, Factoría K.
OVOS DUROS, OQO Ed.
Tamén premiados en Boloña.

É unha sorte telos!!