23 de novembro de 2007

CINENSINO

Hai uns días fomos ó cine Alovi cos de primeiro ver unha película . ¿Contámola?

Trataba dun xoven espía que quere vingar o asasinato do seu tío . Para iso faise pasar por especialista informático, despois de prepararse a fondo para esta misión nunha base militar.
Vai en busca dun virus xenético e poder eliminar xente, debido ás frustracións infantís do malo.

RECAPACITEMOS....


Volveremos pronto ao cine. Un saúdo dende o noso obradoiro.

22 de novembro de 2007

25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Cada ano morren, só en España, case unha centena de mulleres a máns dos seus maridos, mozos, ex-parellas, etc.


Cando se parará esa escalada machista de considerar á muller como una posesión. ("La maté porque era mía"?????).
Se non hai igualdade non hai liberdade.

XENIO E FIGURA

13 de novembro de 2007

A PELÍCULA

Fomos ver unha película os de primeiro e segundo da ESO.

Trataba dun espía de catorce anos que se infiltraba nun sitio onde estaban a fabricar ordenadores con virus de alta contaminación. O neno impediu esa contaminación disparando ao botón vermello, pero eso non impediu co malvado escapou e puido activar o virus,pero hubo un erro de sistema grazas o neno.

Teatro de Inglés


Fomos a Ferrol ver unha obra de teatro en Inglés e Castelán:
Trataba dun neno que tiña que ir vivir a Inglaterra, pero el non sabía falar inglés. Namorou dunha rapaza e, para poder falar con ela, aprendeu o inglés.


Alumn@s do Obradoiro.-

10 de novembro de 2007

A ortografía dos sms

Esto pásanos a moitos cando lemos algunha das mensaxes sms:

6 de novembro de 2007

Biblioteca NOSA

Ter un colexio cunha boa biblioteca é fundamental para tódolos nenos e nenas, sobre todo ós que veñen do estranxeiro, doutro país. Penso que é unha gran axuda para mellorar a lectura, aprender máis vocabulario de todos os temas. A nosa biblioteca é unha gran afición de todos os alumn@s: destaca principalmente pola gran variedade de libros de todo tipo, por exemplo de cómic, poesía,...
Ademáis é unha aula moi acolledora polo seu espazo e a súa amplitude.

Amady -2B

Súper Xosé Miranda

Cando Xosé Miranda visitou o noso colexio contounos moitos contos, todos moi graciosos: ata fixo rir ós profes máis serios. Contounos contos coma Os tres pelos do demo, outro que trataba dun raposo e un home...

Ó remate da sesión asinou libros a moitos nenos e tamén, o experto en lendas, deixounos o seu recordo no Libro de Visitas Ilustres.