25 de maio de 2007

Algunhas citas

Deixovos algunhas citas sobre a lectura:
  • Lemos, non para contradicir e impugnar, nin para crer e aceptar, se non para pensar e considerar. (Bacon)
  • A lectura é como o alimento: o proveito non está en proporción do que se come, senón do que se dixire (Jaime Balmes)
  • Considero que a televisión é tan educativa... que cada vez que alguén pon en marcha o televisor saio da habitación e instálome noutra para ler un libro (Goucho Marx)
  • O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito (Cervantes)
  • Ler sen reflexionar é igual que comer sen dixerir (Edmund Burke)
  • Ler e entender, é algo; ler e sentir, é moito; ler e pensar é canto pode desexarse (Anónimo)

Espero que aportedes outras que vos gusten.

MARÍA MARIÑO

Podedes seguir lendo e investigando sobre María Mariño. O Día das Letras Galegas debe servir para despertar o interese polos noso escritores pero non se debe limitar a un só dia. Sempre é un bo momento para descubrir a obra dun autor ou autora. Neste momento na biblioteca contamos cos seguintes exemplares sobre a vida e a obra da autora.Para comezar coñecéndoa nada mellor que ler o precioso libro de Fran Alonso A vida secreta de María Mariño, Xerais. Temos tamén outros libros para informarvos da súa vida e obra:María Mariño. Vida e Obra, Xerais. Biografía de María Mariño,Galaxia

O máis importante para coñecer un autor e ler a súa obra por iso convídovos a ler : Obra completa de María Mariño,Xerais; María Mariño.Antoloxía Poética, Galaxia.

En A Voz do lago, Árbore Galaxia,María Mariño convértese en personaxe de ficción grazas á proposta narrativa de Antón Riveiro Coello. Déixovos para comezar un poema dela co que me sinto moi identificada:

Ando por un camiño que non vexo o seu sendeiro.
Dou toupadas que me firen buscando o meu verdadeiro.

7 de maio de 2007

A NOSA BENVIDA

Iniciamos aquí un novo camiño de comunicación e información entre nós coa fin de que, a través desta innovadora técnica, saibamos e disfrutemos máis cos nosos libros e sobre todo cos nosos lectores/as.