21 de marzo de 2017

21 DE MARZO

Hoxe celebramos o Día Mundial da Poesía e tamén a chegada da primavera. Que mellor forma de celebrar estos dous días que lendo un poema moi coñecido de Gloria Fortes, "A la prima, primavera".

8 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O día 8 de marzo é o Día da muller traballadora. Os nenos e nenas de 2º de primaria quixeron amosar os debuxos que fixeron para recordar a unha desas mulleres: Maruja Mallo, e aquí temos o resultado da súa exposición:

24 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro.Neste día recordamos a esta importante muller galega e a súa obra.


Fixéronse distintas actividades, os nenos e nenas de 3º escribiron e ilustraron poemas de Rosalía que despois se expuxeron na biblioteca.

13 de febreiro de 2017

PHOTOCALL DE ENTROIDO

O equipo de biblioteca non para de argallar cousas chulísimas para a biblioteca. Nesta ocasión, coa axuda de distintos nenos e nenas, prepararon un Photocall para quen quixera se fixese unhas fotos do máis divertidas.
Aquí temos ao alumnado de 3º e tamén as profes facendo das súas!!!

6 de febreiro de 2017

2 de febreiro de 2017

PAZ

Co gallo da celebración do día da PAZ, o alumnado do colexio decorou a nosa biblioteca e disfrutou coa lectura dos libros seleccionados para tal ocasión.

21 de decembro de 2016

ENTREGA DE PREMIOS

Con motivo da entrega de premios do XV Concurso de debuxo de Medio Ambiente convocado por A.M.A. e a entrega do premio á mellor postal de Nadal convocado polo Equipo de Normalización Lingüística do noso Centro, reunímonos na biblioteca.
Aquí tedes as fotos da entrega:




E a postal de Lucas López Caaveiro de 6º de primaria.



NORABOA A TODOS E A TODAS!

18 de decembro de 2016

NESTE NADAL...

Neste Nadal non nos podemos esquencer dos libros... Que mellor momento para disfrutar da maxia da lectura!

                                                         Ilustración de Axel Schleffer.



                                                         Ilustración de Sarah Wilkins.

CHEGOU O NADAL Á BIBLIOTECA

O Equipo da Biblioteca non para de traballar. Mirade que fermosa árbore e que simpático reno nos reciben na porta!